Na Coruña Contas

Volver

Mellora da intersección da rúa Cerca coa rúa Antonio Ríos

juancarcia juancarcia  •  12/05/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 1372

A intersección da rúa Cerca coa rúa Antonio Ríos ten un deseño que dificulta o tránsito peonil (as beirarrúas non cumpren coa normativa de accesibilidade en canto aos anchos mínimos e obstáculos existentes), a circulación dos vehículos (dificultade nos xiros e pouca visibilidade) e xenera un impacto visual elevado debido as estructuras de formigón da praciña central existente. O tráfico de vehículos nesta intersección é especialmente elevado, dende que a rúa Alcalde Casares Teijeiro é de sentido único de subida.

A propostar sería substituír a praciña central existente, que non ten ningún uso pola cidadanía, por unha zona axardinada, cos bancos existentes, na marxe inferior da rúa Antonio Ríos. Deste xeito, conseguiríase unha mellor integración visual, unha ampliación das beirarrúas e unha mellora na circulación dos vehículos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos