Na Coruña Contas

Volver

INSTALACIÓN DE LAVADOIROS PARA BICICLETAS

josegaliza josegaliza  •  11/05/2018  •  Toda a cidade  • 

EXEMPLO_DE_LAVADOIRO_DE_BICI.jpg
EXEMPLO_DE_LAVADOIRO_DE_BICI.jpg

Código proposta de investimento: 1357

Agora que se esta impulsando, como nunca antes fíxose, o uso da bicicleta como medio alternativo e ecolóxico de mobilidade urbana, cada vez somos mais os usuarios que nos decidimos a mercar unha bici.

O uso da bici como medio de transporte, ademas de colaborar co medio ambiente é sumamente recomendable para mellorar a saúde e o benestar físico.

Unha das eivas que temos os usuarios é atopar lugares axeitados para facer unha limpeza básica para o bo funcionamento e conservación.

Os lavadoiros de coches utilizan auga a alta presión o que é sumamente perxudicial para as bicis, dado que as súas partes mais delicadas, non están preparadas para soportar a alta presión.

Suxiro aproveitar as fontes públicas, xa que se dipon de agua e sumidoiros, que podemos atopar nos parques da cidade, polo menos naqueles situados nas diferentes zoas de entrada á cidade, como son Vioño, Europa Bens e Campo da Leña.

Localización: os parques propostos darían cobertura a unha gran densidade de poboación e as zonas non cubertas directamente terían acceso a lavadoiros cuns curtos desprazamentos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos