Na Coruña Contas

Volver

Rampa de acceso Rúa Cabaleiros e Rúa Brasil a Rolda de Outeiro

8._manoel 8._manoel  •  11/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1354

Construción de rampa de hormigón con pasamáns de metal ou similar que permita o acceso a persoas de pouca mobilidade dende a Rúa Cabaleiros nº 29 a Rolda de Outeiro (altura Rúa Brasil) e preto de Pérez Ardá.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    Boa proposta. A cantidade prevista nos orzamentos participativos por distrito non sería suficiente para facer fronte a esa obra. Moi interesante, xa que conectaría as estacións de bus e trens sen ter que atravesar a pasarela (vella, afectada de fatiga e mal orientada). Na actualidade hai unha escaleira descoidada e perigosa.

      • alendanas

        E xa de paso, deberíase facer algo con urxencia con esa pasarela. Non sei se o máis adecuado sería quitala coma se fixo cá que estaba diante dos xulgados e do instituto pero este tipo de acesos é caduco. Cando chove, móllaste polo vento que fai e aparte diso, móvese un pouco. Se tes medo ás alturas xa non vas por ela. En fin, se queremos modernizar a cidade esto non é un bo exemplo.

          • fernando-pi

            Concordo plenamente. Xa o pasado exercicio propuxen quitar ese artiluxio que desconecta mais que une a Cidade, ademais de que a xente con capacidade disminuída non a utiliza (teñen que dar a volta por Catro Camiños) e os que van e veñen cara o bus universitario teñen a pasareleda en sentido inverso a parada dos buses. Non sería posible abordar o proxecto dende os orzamentos participativos (coido que os cartos non chegarían) pero si que o Goberno Municipal debería estudar o asunto. Como moi ben dis, aledanas, aquela ruinosa pasarela non ten razón de existir e, na miña opinión, o mellor que podería facer con ela é retirala totalmente , con elo facilitarían a xente conectar as agora dúas márxenes da cidade por medio de paso de peóns. A proposta alternativa, de conectar as dúas estacións dende a rúa Cabaleiros cá Rolda de Outeiro sería (en principio) óptima e sen excesivo investimento. Saúde.

            Sen respostas
Non hai fitos definidos