Na Coruña Contas

Volver

Novos espacios de baile con espellos

sei_fati sei_fati  •  11/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1322

En toda a Coruña o único centro cívico que ten unha sala axeitada para facer unha clase de baile é o Centro cívico de Monelos, cunha sala de aforo limitado a 15 persoas. Dada a demanda que temos da nosa actividade (dirixida principalmente á mocidade), tivemos que facer dous turnos, reducindo a duración das clases. Propoño a creación de novos espacios de baile con espellos, ben sexa poñendo espellos en salas doutros centros cívicos ou ben noutros espazos que  o ayuntamiento considere.

Así non só nós teremos máis opcións, senon outros moitos colectivos que queren facer actividades deste estilo para promovelo baile, e non encontran unha sala axeitada. Ou mesmo un colectivo/ asociación que queira facer calquer tipo de actividade e precisa do espello, non estará tan limitada.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • bisholy

    É unha pena que unha cidade como A Coruña non teña unha sala con máis aforo de estas características. Dende a nosa asociación promovemos o baile entre a mocidade, pero unha sala con máis capacidade podería empregarse para moitos outros colectivos ou entidades relacionadas co teatro e a danza, bailes de salón, expresión corporal, actividades como zumba, aeróbic, pilates, etc.; actividades para todas as idades.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos