Na Coruña Contas

Volver

Melloras no anfiteatro do Parque de Santa Margarita

Loairas Loairas  •  10/05/2018  •  Distrito 9  • 

Anfiteatro do parque de santa margarita
Anfiteatro do parque de santa margarita

Código proposta de investimento: 1313

O anfiteatro que se atopa na zona do lado do palacio da opera do parque de Santa Margarida ten un aspecto lamentable e as condición estructurais atopánse moi deterioradas. As gradas poderíase pintar mediante unha acción veciñal e unha participación comunitaria ou ver algun proxecto para mellorar as condicións de abandono nas q se atopa. O chan tamen poderíase aproveitar para pintar ou recubrir con algun material máis suaviño para os cativos. É un grande espazo dentro dunha zona verde enorme con posibilidades infinitas: As veciñas q o usamos cremos que ten un grande potencial e q o estar tan deixado está desperdiciandose

Localización: Anfiteatro dentro do Parque de Santa Margarida

Proposta en nome de: Asociación cultural Loairas

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos