Na Coruña Contas

Volver

Humanización rotonda pequena os castros (avenida Pasaxe)

Andrés Andrés  •  10/05/2018  •  Distrito 8  • 

Plano reforma
Plano reforma

Código proposta de investimento: 1301

A idea é:

  • Aumentar a beirarúa na zona da parada de bus para que pare no propio carril.
  • Aumentar a beirarúa na saída cara a rúa Buenavista deixando o carril só co ancho necesario (3.25m como moito).
  • Aumentar o tamaño da rotonda deixandoa únicamente con 1 carril excepto no pequeno tramo no que hai 2 carrís de entrada.
  • Axardinar a rotonda.
  • Prantar árbores nos espacios recuperados.

Vantaxes:

  • Aumento da área dedicada aos peóns. Especialmente na zona da parada de bus é moi escaso.
  • Aumento da seguridade nos pasos de peóns ao desaparecer o espazo para estacionamentos non autorizados. Sobre todo a paseo de peón na zona da rúa Buenavista resulta bastante perigoso
  • Aumento da seguridade para os vehículos na rotonda ao aumentar o tamaño central dela.

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois a Avenida da Pasaxe non é de titularidade municipal, pertence ao Ministerio de Fomento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos