Na Coruña Contas

Volver

NOVA GLORIETA CRUCE SEMAFÓRICO RAMÓN Y CAJAL/FERNÁNDEZ LATORRE

lrf lrf  •  10/05/2018  •  Distrito 8  • 

rotonda_salgado_torres.JPG
rotonda_salgado_torres.JPG

Código proposta de investimento: 1286

Reordenación do tráfico entre as rúas Ramón y Cajal, Fernández Latorre, Pérez Ardá e Salgado Torres mediante a implantación dunha glorieta, en consoancia coas novas formas de mobilidade buscadas.

O trazado da futura glorieta aparece xa perfilado nos planos dos proxectos de Carril Bici actualmente en execución.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos