Na Coruña Contas

Volver

NOVO PASO DE PEÓNS NA RONDA DE NELLE

lrf lrf  •  10/05/2018  •  Distrito 8  • 

nelle_paso_cebra.JPG
nelle_paso_cebra.JPG

Código proposta de investimento: 1283

Creación dun novo paso de peóns na Ronda de Nelle entre a rúa Sinforiano López e o inicio da avda. dos Mallos.

Este paso xa é actualmente pasado pola veciñanza da contorno de maneira irregular.

A proposta consiste na reforma e ampliación das beirarrúas na zona, establecendo a diferenciación no pavimento para persoas con diversidade funcional, investir na adquisición de nova sinalización vertical e, de ser o caso, rede de telecomunicacións ou iluminación necesaria, etc.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos