A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

AULA COCIÑA NO FORUM METROPOLITANO

lrf lrf  •  10/05/2018  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

aula_cociña_forum_metropolitano.jpg
aula_cociña_forum_metropolitano.jpg

Código proposta de gasto: 1281

Os cada día máis demandados programas de Lecer do Fórum Metropolitano e o Ágora contan con unha extensa e diferenciada oferta.

Un dos programas con maior éxito é o das clases de cociña que se levan a cabo no Ágora, limitado a unha única aula.

Con esta proposta propoño a adaptación dunha das aulas do Fórum para poder levar a cabo estes mesmos cursos de cociña, ampliando a oferta existente.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.