Na Coruña Contas

Volver

REMODELACIÓN RÚA RIBADAVIA

lrf lrf  •  09/05/2018  •  Distrito 8  • 

Captura_de_pantalla.jpg
Captura_de_pantalla.jpg

Código proposta de investimento: 1244

Trátase dunha rúa na que a mellora do seu pavimento é moi necesaria tanto peonil como, cunha maior urxencia, da calzada. Proponse ampliar esta actuación, levando a cabo tarefas de humanización da rúa: renovación de luminarias,  rede separativa de aguas residuais, instalación de arborado e mobiliario urbano, etc. Podería ser moi interesante seguir o exemplo do feito na rúa Orillamar.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos