Na Coruña Contas

Volver

Ampliación de beirarúas na Rúa Alta

josegp josegp  •  09/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1237

Seguindo o modelo existente en Rúa Nova debería ampliarse a beirarúa en Rúa Alta, posto que é un paso de tránsito natural desde o Obelisto ata o Paseo Marítimo.

As existentes agora mesmo son tan estreitas que cando se atopan dúas persoas de frente unha delas ten que ir pola calzada, co risco que conleva. No caso de levar un carriño de bebé ou unha cadeira de rodas xa desmotiva totalmente utilizar esa rúa.

Con deixar o espazo suficiente para que pasen os buses urbanos poderíase reducir a calzada, posto que non hai aparcamento e para os coches sobra.

Localización: Rúa Alta

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos