Na Coruña Contas

Volver

Xinasios urbanos nos parques

paco1984 paco1984  •  09/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Ximnasio urbano
Ximnasio urbano

Código proposta de investimento: 1232

Creación de ximnasios urbanos de calistenia en parques de diversos puntos da cidade. 3 ou 4 ximnasios poden estar ben para comezar.

Os ximnasios urbanos son baratos para o concello, xa que os exercicios fanse con el propio corpo. Non son necesarias máquinas. Unha estrutura con diferentes barras é suficiente (ver foto).

O clima non é unha excusa, xa que este tipo de espazos están proliferando en países fríos ou chuvosos como Inglaterra, Rusia ou os países nórdicos. Sen ir máis lonxe, Lugo xa conta cun ximnasio urbano para a práctica de calistenia ao aire libre: https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/el-gimnasio-en-la-calle-trae-lugo-un-deporte-urbano-de-moda/20150804000000354428.html

Considero que pode ser un método de baixo coste para fomentar o deporte ao aire libre e introducir novas alternativas para o lecer entre a xuventude.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos