Na Coruña Contas

Volver

HUMANIZACIÓN DA RUA GRAMELA

Vismeiro Vismeiro  •  09/05/2018  •  Distrito 9  • 

RUA_GRAMELA.jpg
RUA_GRAMELA.jpg

Código proposta de investimento: 1211

A rúa Gramela e unha rúa con máis anchura que a meirande parte das rúas veciñas do barrio da Agra do Orzan. Actualmente presenta unhas beirarrúas estreitas, sen árbores e sen mobiliario urbano. A calzada e excesiva e está ocupada a meirande parte das veces por coches en doble ringleira.

Propoño a humanización desta rúa, ampliando as beirarrúas e plantando árbores nas suas márxes, colocando bancos e papeleiras e mellorando os cruzamentos e pasos de peóns. Considero que unha das poucas rúas que hai no barrio da Agra do Orzán que permitiría esta actuación e hai que aproveitar as poucas rúas do barrio nas que se poden levar a cabo actuacións deste tipo.

Localización: Rúa Gramela, no Agra do Orzán, entre a avenida Fisterra e a avenida das Conchiñas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos