Na Coruña Contas

Volver

ADECUACIÓN DUNHA MARXE DA ESTRADA DO PORTIÑO CON BEIRARRÚA E CARRIL-BICI .

Vismeiro Vismeiro  •  09/05/2018  •  Distrito 2  • 

ESTRADA_DE_O_PORTIÑO.jpg
ESTRADA_DE_O_PORTIÑO.jpg

Código proposta de investimento: 1210

A estrada do Portiño que comunica a rotonda de Catro Ventos en San Pedro de Visma con O Portiño carece de beirarrúas na meirande parte do seu percorrido e tampouco conta con iluminación. Cada vez máis xente utiliza esta estrada para acceder á zona do Portiño e ao paseo marítimo e tamén ao acceso do parque de Bens e á depuradora. Os peóns e sobre todo a xente que practica deporte teñen que circular pola cuneta co risco que eso supón, cando se fai de noite a visibilidade e nula porque carece de luminarias.

Propoño a adecuación dunha marxe desta estrada, facendo unha beirarrúa, creando un carril bici que dé continuidade ao existente no paseo marítimo e dotandóo de farolas que permitan o seu uso cando non hai luz.

Localización: Estrada de O Portiño, entre a rotonda de Catro Ventos en San Pedro de Visma e o paseo maritimo no Portiño.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos