Na Coruña Contas

Volver

Bosque ao redor da área de protección arqueolóxica do castro de Elviña

Andrés Andrés  •  08/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1146

A idea global sería acondicionar toda a extensión ao redor da área de protección arqueolóxica do castro de Elviña até o campus nun lado e a AC-14 no outro. Como o orzamento necesario para toda a área tal vez sexa moi elevado, a idea é limitar o coste da proposta por exemplo a 200.000€ para facela realizable e acondicionar así nunha primeira fase só a extensión que sexa posíbel. O mellor sería empezar pola zona mais cercana ao campus de Elviña por ser esta a que tería un maior impacto positivo para a cidadanía.

A idea sería convertir a zona nun bosque eliminando especias invasoras e prantando especies autóctonas (carballos, bidueiros, loureiros), habilitando sendas de terra (sen asfalto ou cemento) e dando sempre protagonismo a natureza para restaurar a flora e a fauna no seu medio natural.

Exemplo que se pode tomar como referencia: Selva Negra en Santiago https://bit.ly/2K30bWV

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero os terreos que rodean o Castro de Elviña no son de titularidade municipal


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos