Na Coruña Contas

Volver

Reordenación da circulación na Praza de Lugo

smlebo smlebo  •  03/05/2018  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 1072

A Praza de Lugo no tramo entre a Rúa Teresa Herrera e a Rúa Padre Feijóo é un caos de tráfico constante. Contadas son as veces nas que se pode circular polos dous carrís, debido á dobre fila. Este fenómeno é aínda máis indignante porque o aparcadoiro subterráneo da Praza de Lugo non se atopa case nunca cheo.

Ante isto, pódese facer unha das seguintes dúas actuacións:

  • Eliminar un carril de circulación, ampliando as dúas ou unha das beirarrúas. Non cambiaría a situación do tráfico, posto que xa normalmente só hai un carril para a circulación, debido á dobre fila, pero alomenos habería máis espacio para os peóns.
  • Colocar cámaras de vixilancia do tráfico como existen noutras rúas para evitar a dobre fila.

Posto que o tráfico é moi denso nesta vía, propoño a segunda opción. Podería tamén acompañarse dunha zona de carga e descarga máis ampla.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos