Na Coruña Contas

Volver

Reducir velocidade na rotonda de pajaritas

markys markys  •  03/05/2018  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 1071

Neste punto da cidade os coches veñen a altas velocidades da vedra e non cruce hai poica visibilidade, co que eu proporía disminuir o risco cun badén tipo holandés ou un paso de peóns elevado.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Proponse a creación e execución de novos pasos de peóns nas rúas Jose Miñones Bernandez, Alvaro Cunqueiro e Antonio Machado, como medida de mellora da accesibilidade a persoas de mobilidade reducida e reforzo de toda a sinalización horizontal e vertical en toda a zona. O estudo e análise de cada implantación débense facer con moito detalle, caso a caso, dados os problemas e interferencias que poden ocasionar co transporte público, vehículos de emerxencia, o seu trazado (curvas e pendentes), polo que ha de ser progresiva e coidadosa. Nun estudo dunha posible implantación valorouse a demolición do pavimento peonil existente e a creación dun novo paso de peóns con baldosa podo táctil. Incluíuse a continuidade e extensión da rede de iluminación municipal e da rede de datos ata o paso de peóns para a posible dotación de rede de comunicacións e iluminación para a zona peonil. O firme considerado é o dunha calzada de MBC AC16SURF D cun espesor nunca inferior a 5cm estendido en capas ata a rasante da beirarrúa existente, incluíndo o fresado. Instalaranse novos sinais verticais de precaución e proximidade de paso de peóns A valoración unitaria para a creación de novos pasos peonís en vías de MBC, incluída a dotación de servizos para comunicación, datos e iluminación e do reforzo da sinalización vertical e horizontal en toda a zona, incluídos os reforzos na sinalización de velocidade nos accesos desde a Avenida Alfonso Molina é de 15.000,00€ /unidade IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos