Código proposta de investimento: 1054
O actual adoquinado presenta grandes perdas de material, fochancas e danos propios da falta de mantemento. Proponse a reposición das zonas danadas.
A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.
Aproveitar para encher os espazos entre as lousas do paseo, dende o ascensor ata o Portiño. Nalgúns sitios cabe un pe, co perigro que supone.