Na Coruña Contas

Volver

REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DA RÚA SAN ROQUE NO CAMPO DA LEÑA (PRAZA DE ESPAÑA)

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 10  • 

Imaxen do estado actual e posible estado reformado do quiosco
Imaxen do estado actual e posible estado reformado do quiosco

Código proposta de investimento: 1039

Recuperación deste quiosco, ben como edificio para servizos municipais (socioculturais, turismo, oficinas), ben mediante a unificación dos baixos comerciais para alugar toda a súa superficie.

Este cambio de uso e configuración permitiría a recuperación e unificación estética da histórica edificación e a súa imaxe externa, hoxe en día deturpada.

Informe de custo

Agradecemos a túa colaboración neste programa e comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Estimase un custo unitario de rehabilitación de 800 €/m2, aplicado aos aproximadamente 198,90 m2 de superficie construída do inmoble". Agardamos a túa participación de novo nas vindeiras edicións dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • birnarem

    A verdade é que eu directamente o eliminaría cando rematen as concesións, ou cando se poda liberar. Se mellore como se mellore é un mamotreto e é un espazo moi válido para ampliar as beirarrúas e facer moito máis agradable esa zona, plantando árbores e igualando esa zona central ao nivel de rúa.

      • A. Martínez
        A. Martínez  •  Autor  •  03/09/2018 05:48:44

        Trátase dun edificio catalogado pola súa excepcionalidade ao non existir ningún similar desa época. Isto impide a demolición do mesmo. Ademais, na zona existen zonas de beirarrúas amplas e grandes espazos públicos coma o campo da leña. Non hai que esquecer que a cuberta do kiosko é unha pequena praciña pública, polo que a súa demolición non xeraría mais espazo, simplemente baixaría a cota do mesmo e impediría poder empregar eses locais como futuros espazos municipais de servizo á cidadanía.

          • birnarem

            Se é un ben catalogado que se lle vai a facer, aí non me meto, o patrimonio hai que protexelo. Os outros argumentos si que non me convencen. As beirarrúas pegadas aos edificios na rúa San Roque non son precisamente anchos, e o espazo creado na parte alta non se utiliza máis que puntualmente nas festas de San Xoán e pouco mais, xa que o seu illamento non invita a ser usado, algo que cambiaría se fose un espazo aberto a nivel de rúa.

            En todo caso rehabilitar a construción e o uso público da mesma sería un avance. Eu optaría máis que para dotar de máis oficinas municipais, aproveitar que se crea un espazo novo, ofrecer ese lugar como espazo de uso das organizacións e a cidadanía para facer reunións ou algunha pequena charla (dependendo dos metros cadrados que se poderían usar). En todo caso, noraboa pola iniciativa.

            Sen respostas
Non hai fitos definidos