Na Coruña Contas

Volver

REHABILITACIÓN E POSTA EN USO DO RESTO DO PAZO DE VEEDURÍA NA CIDADE VELLA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Distrito 10  • 

Pazo de Veeduría, actualmente adicado en parte a centro cívico da Cidade Vella
Pazo de Veeduría, actualmente adicado en parte a centro cívico da Cidade Vella

Código proposta de investimento: 1037

Rematar de rehabilitar a superficie restante do pazo de Veeduría para o traslado doutras institucións ou asociacións, como as ubicadas no edificio municipal de Durán Loriga. Deste xeito, amplíase a vida activa na cidade vella, levando servicios empregados pola cidadanía a esta zona, e á súa vez permite liberar o edificio de Durán Loriga para outros posibles usos a definir polos veciños, como centro cívico (inexistente nesa zona) ou mellora dos servizos existentes (arquivo histórico municipal, CGAI...)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos