Na Coruña Contas

Volver

CREACIÓN DUN MUSEO DA MODA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 1036

Creación dun museo da moda, actividade íntimamente relacionada coa cidade e Galicia. Empresas como Caramelo, Carolina Herrera, Alba Conde ou a mesma Inditex, están íntimamente relacionadas coa nosa comunidade e poden optar a ocupar algún espazo municipal dispoñible (coma as naves de comandancia de obras pendentes da segunda fase de rehabilitación, almacéns municipais ou un edificio de nova creación). Podería ir emparexado a realización de desfiles ou a un convenio coa UDC e as empresas interesadas para crear un grande polo de atracción, formación e canteira de estudantes e artistas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos