Na Coruña Contas

Volver

Apadriña a tua Cidade

o-fox o-fox  •  02/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Apadriña a tua Cidade
Apadriña a tua Cidade

Código proposta de investimento: 1012

Crear o departamento necesario para regular a posibilidade de apadriñar pequenos espazos urbáns e mobiliriario público. De forma altruista poder doar diñeiro para a conservación e creación de espazos públicos có recoñecemento a través dunha praca ou grabado adicado. Adxunto imaxe.

Fomentar o altruismo, educar no respeto ó mobiliriario público, recoñecer o valor da xente, reforzar a idea de cidade participada. Unha simple placa ou grabado en bancos públicos, columpios, barandillas, escaleiras ou adoquines do chan. Poden ser adicadas, declaracións de amor, memorial de seres queridos... Ata se podería crear un "freedom trail" como o de Boston, onde un camiño de adoquíns de cor (con algúns grabados polos apadriñamentos)  percorre os puntos históricos máis relevantes da cidade e sirve de guía para os turistas e de orgullo onde mostrar as súa colaboración coa cidade ós veciños.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos