A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Continuación coas excavacións no Castro de Elviña

antoniogj antoniogj  •  01/05/2018  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 1006

Rematou hai nada unha nova fase de excavación no Castro de Elviña, cun traballo que avanzou dun xeito moi satisfactorio. Agora sería unha pena que até dentro de moito tempo non se volvera a continuar, deixando así que a maleza e o paso do tempo boten a perder todo o acadado até agora. Pídese que o Castro de Elviña non se esqueza e que as excavacións continúen, xa que non podemos deixar pasar a oportunidade de seguir a traballar nun xacemento arqueolóxico tan preto da nosa cidade e que sen dúbida supón un privilexio. Da mesma maneira, solicítase que sexa aberto ao público para que se poda disfrutar por parte de todos os veciños e visitantes que desexen dar un paseo polo seu interior e coñecer de primeira man esta xoia da Historia.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "O orzamento inclúe a escavación e restauración das áreas do Castro de Elviña e a construción dun itinerario con módulos explicativos por todas as áreas escavadas do Castro." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.