Na Coruña Contas

Volver

Área de xogo infantil en terreno en desuso

RB RB  •  28/04/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 73

Frente á EIM Carricanta hai un terreno que se atopa abandonado. Este terreno está entre as rúas: Jose María Hernansaez, Avda da Concordia e R/Alicante. É unha bágoa desaproveitar esta superficie municipal deste xeito. Ao atoparse frente á EIM Carricanta propoño que se faga unha área de xogo infantil e unha zona verde.

Localización: R/Jose María Hernansaez

Informe de inviabilidade

O terreno ao que se refire esta proposta é unha superficie interior ubicada entre as rúas Alicante, José Mª Hernansáez e Avda. da Concordia, que é de titularidade privada, agás unha pequeña sección na parte sur, delimitada físicamente por un muro. Non é viable, polo tanto, executar a proposta neste terreos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • RB
    RB  •  Autor  •  28/04/2017 14:05:33

    Sei que actualmente este terreno utilízase como aparcadoiro. Para evitar as protestas das persoas que aparcan aí o seu coche, tamén temos a opción de facer o aparcadoiro subterráneo e o parque infantil enriba. Estou segura que tendo unha escola infantil enfrente, íaselle dar moito uso á area de xogo infantil.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos