Na Coruña Contas

Volver

Mellora do acceso peonil á praia de Oza

RB RB  •  28/04/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 71

Propoño mellorar o acceso peonil á praia de Oza. Actualmente os que vivimos nos Castros o que facemos para ir á praia de Oza é ir ao Paseo marítimo Casablanca - Os Castros, cruzamos á vía do tren por unha ponte peonil e despois temos que andar de forma paralela á vía de tren por un camiño de terra con herbas e silveiras aos lados ata chegar á carretera que vai a Capela de Oza. No camiño atopámonos cun edificio completamente abandoado (Estaleiras Valiña) que ben se lle podía dar orde de derribo pois o estado no que se atopa debe ser ruinoso. 

Localización: Oza

Informe de inviabilidade

Moitísimas grazas pola túa proposta. Temos que etiquetala como inviable pois as proximidades da vía do tren son de dominio público ferroviario de titularidade de RENFE e os estaleiros son de titularidade privada, por tanto non de titularidade municipal. Animámoste igualmente a que sigas presentando propostas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos