Na Coruña Contas

Volver

Xardineiras na beirarrúa dereita da Rúa Adelaida Muro

Usuario/a borrado/a  •  26/04/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 7

Na beirarrúa dereita da Rúa Adelaida Muro (onde non se pode aparcar) todos os días hai coches aparcados enriba que impiden o paso de sillas de rodas e, ás veces, dunha soa persoa camiñando. Este comportamento incívico é continuo así que propoño colocar unhas xardineiras rectangulares (para non quitar moito espazo) ao longo da beirarrúa que impidan que os coches poidan subir a ela.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos