Na Coruña Contas

Volver

Recuperación ambiental do entorno do castro de Elviña

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 686

O castro de Elviña está sendo obxecto nos últimos anos dun forte investimento na procura de afondar no seu interese arqueolóxico. Paralelamente todo o seu entorno está sendo destruído e deteriorado. Os camiños histórico tradicionais que daban valor ao entorno están en estado de abandono e foron cortados pola Terceira Rolda. Os terreos de Rego de Campos son obxecto dun enorme recheo con áridos para urbanizar o entorno do castro. A área de protección de paisaxe en Castro de Elviña foi coroada cunha enorme torreta eléctrica.

Propoñemos a recuperación do entorno do castro e do propio castro, con medidas como a retirada de escombreira, recuperación dos camiños, soterramento da torre de alta tensión na Costa de Castro.

 

Localización: Castro de Elviña, Mesoiro, A Cabana

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Parte da proposta é considerada viable, en concreto a parte da proposta referida á recuperación dos camiños históricos e recuperación do xacemento e a súa contorna. En todo caso, para a realización dunha actuación neste espazo é preciso ter en conta o seguinte: - As actuacións que se realicen para recuperar a contorna do xacemento arqueolóxico teñen que compaxinar as obras necesarias coa conservación, estudo e valorización do xacemento arqueolóxico e o respecto da normativa sectorial en materia de patrimonio cultural. Neste sentido, considérase necesario recuperar e poñer en valor o espazo existente a partires da consideración e tratamento da mesma coma Territorio Histórico. É fundamental recuperar e/ou manter o viario e parcelario tradicional, así como as estruturas agrarias conservando as súas características físicas. - Considérase oportuno mitigar a afección causada pola Terceira Rolda mediante a recuperación dos camiños tradicionais existentes. Neste sentido é importante manter os soportes de comunicación entre o xacemento e os núcleos de poboación máis próximos, como Mesoiro e Feáns. Poderíase acondicionar un tramo de 403 metros de camiños, que contribuiría a pechar o anel "peonil" arredor do Castro de Elviña. Esta actuación podería implicar un custo aproximado de 40.000 euros. - A retirada de escombros non é un investimento, polo que non pode ser obxecto de financiamento. De todas formas, o Servizo de Medio Ambiente está reforzando o seguimento dos vertidos incontrolados e ilegais, coa finalidade de reducir unha problemática que se ven producindo neste entorno, e vai a desenvolver actuacións para evitar e reducir a comisión destas infraccións administrativas. Ao tratarse dunha proposta xenérica, además do xa previsto con relación a recuperación dos camiños tradicionais, as actuacións poderían extenderse ao tope máximo de 250.000 euros, mediante a realización e execución dun proxecto de actuacións de posta en valor do espazo, que non obstante non pode abaracar todas as necesidades de intervención neste espazo." Agradecemos a túa participación nos orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do porgrama o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • jmbello

    Existe xa un proxecto de tratamento da vexetación en toda esa zona, que gañou un concurso internacional de equipos pluridisciplinares para a actuación no Castro de Elviña e a súa contorna. O autor galardonado é o prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto, Premio Nacional de Arquitectura e con obras na cidade como o Museo de Belas Artes, o Museo da Colexiata ou edificio de Biblioteca do Castelo de San Antón.
    Esta é unha oportunidade magnífica para poñer en práctica ese proxecto de calidade extraordinaria no que se refire ao tratamento da paisaxe mediante a incorporación de especies autóctonas.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos