Na Coruña Contas

Volver

Adecentar e facer accesibles as galerías comerciales R/Merced - Avda. Oza

RB RB  •  28/04/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 68

Hai unhas galerías comerciais que conectan a R/Merced coa Avda. de Oza. Atópanse aproximandamente á altura do número 63 da R/Merced. Nelas hai un bar que se chama Minín e, frente a el, un mercado que está máis morto que vivo. Estas galerías teñen un aspecto bastante deplorable e propoño adecentalas. Ademais, tendo en conta que a poboación é bastante envellecida neste barrio e que o número de escaleiras que dispón estas galerías é moi elevado, quería plantexar poñer escaleiras mecánicas que, ao estar a cuberto, non se deteriorarían tanto como as que están na rúa, á intemperie. Estas escaleiras poderían activarse só cando haxa presencia para aforrar en enerxía, non como as que están en San Agustín que están continuamente en funcionamento.

Localización: Rúa Merced á altura do número 63 aproximadamente

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable, pois as galerías comerciais que mencionas son de titularidade privada e non municipal. Animámoste a presentar máis achegas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos