A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Ampliación de zonas de xogo e zona acolchada infantil na Praza Elíptica

Ismael Caamaño Ismael Caamaño  •  21/05/2017  •  Distrito 2  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 677

As zonas de xogo da praza Elíptica atópanse colapsadas todas as tardes debido á multitude de nenos e nenas que as distrutan diariamente.

Por iso vexo necesario que se amplíen estas zonas e equipamentos para contar con maior diponibilidade de xogos para todos os nenos.

Da mesma forma, é necesario ampliar as zonas de xogo con pavimento acolchado, sustiuindo por exemplo unha das zonas de grava, xa que para os máis pequenos é importante ter zonas seguras para os seus primeiros pasos.

En resumo, máis xogos infantís, ampliar zonas de pavimento acolchado, máis equipamento de papeleiras, bancos, fontes.

A praza é suficientemente grande como para ter unha maior dotación, e o número elevado de usuarios faino necesario.

Localización: Praza Elíptica dos Rosales

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A obra de "Mellora de chan na área de xogos Os Rosales" para o cambio do chan de grava por caucho xa foi contratada, e en relación coa ampliación de zonas para xogos infantís poderíanse acondicionar uns 550 m2 máis de zonas de xogos e aumentar a dotación de bancos, papeleiras, fontes e aparca-bicicletas en todo o parque, todo iso cun custo aproximado de 200.000 euros." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.