Na Coruña Contas

Volver

Iluminación eléctrica en Castro de Elviña

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  21/05/2017  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 676

En Castro de Elviña hai unha zona ampla que carece de iluminación pública. A parte alta da rúa O Canedo e o vial intercampus non teñen nin un farol, o que provoca situacións como a de persoas que teñen que esperar completamente ás escuras nas paradas de bus ou camiñar con pequenas lanternas até as súas casas.

Propoñemos iluminación pública para a rúa O Canedo e que puntos de luz tanto nas paradas 456 e 457 como no seu entorno, a fin de que a xente poda chegar a elas con luz.

Localización: O Canedo. O Souto. Campus Universitario. Castro de Elviña.

Informe de custo

Tu propuesta es viable de acuerdo con el siguiente informe técnico municipal: "La Rúa Intercampus no es de titularidad municipal por lo que resulta inviable la implantación de alumbrado por parte de este Ayuntamiento en dicha vía. Por otra parte, la mejora del alumbrado en el Castro de Elviña se valora en 142.370 euros y se incluye la iluminación de la Rúa O Canedo, la sustitución de luminarias de descarga por luminarias de tecnología led, la renovación de centros de mando y la implantación de puntos de luz en zonas de refuerzo o que carecen de alumbrado." Muchas gracias por tu participación y esperamos contar con tus propuestas el año que viene.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • emilioj

    Ola!

    Respecto da Rúa Intercampus, que leva sen iluminación desde a súa apertura (no inverno, que é noche pecha xa desde moi cedo, é realmente incómodo): entendendo que a titularidade non é municipal, quizais o Concello tería que «suxerirlle» á administración con competencias (UDC?) que corrixa esta deficiencia.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos