Na Coruña Contas

Volver

Melloras no parque de Vioño

laura_523 laura_523  •  21/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 675

Vioño é moi transitado por familias con nenos, con animais de compañía e a zona non está habilitada para acoller a tanta xente.

Sería necesario poñer papeleiras nas rúas perpendiculares ao parque. Fai uns anos xa as había, quitáronnas e xa non as volveron a  poñer.

Por outra banda, a zona debería estar limitada a 30 como máximo, xa que nesa zona cruza moita xente, hai una escola infantil e o límite actualmente está en 50Km e non sería perxudicial para o tráfico da cidade xa que non é unha rúa principal.

O parque de Vioño é moi grande e o parque infantil queda pequeno para todos os nenos e nenas que o gozan, así que habría que amplialo, ou facer outro noutra zona do parque, porque hai sitio abondo.

E como aínda así, queda espazo, habilitar unha zona para os cans, onde poidan estar ceibes.

En definitiva: Máis papeleiras, zona 30, ampliación do parque infantil, habilitación de zona para cans.

Localización: Parque de Vioño

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos