Na Coruña Contas

Volver

Construcción/habilitación Centro Cívico en zona Juán Flórez/Praza Pontevedra

adelafigo adelafigo  •  21/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 672

Consideramos os veciños da zona, importante esta proposta para unha arteria fundamental da cidade con miles de persoas que habitan a zona para Centro socio-cultural onde haxa:

-Biblioteca para fomentar a lectura de prensa, revistas e libros.

-Sás de usos múltiples para variadas actividades de todos os grupos de idade.

Sabemos de moitos Centros na cidade, pero pola distancia ou orografía quédannos moi a desmán.

É unha discriminación que moitos barrios teñan opcións ás múltiples actividades destes, mentres nós teñamos que transladarnos ou non poidamos utilizalos ao non ter tempo para ir, privándonos dun espazo de convivenza fundamental para os viciñ@s de Juan Flórez, Praza de Pontevedra,Lugo,Portugal,Galiza, Vigo ou Ourense, Juana de Vega, Cidade Xardín, e moitas máis rúas e prazas desa área que ocuparía case a metade do distrito 8 e parte dos 9 e 10.

Ocórresenos o quiosko da Praza de Ourense.

 

Localización: Juan Flórez, Juana de Vega, Alfredo Vicenti, Paio Gómez e múltiples prazas xa detalladas na proposta.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos