A Porta Aberta

Volver

Estado de abandono de rúas da Agra do Orzán

agragrandeaofin agragrandeaofin  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código proposta de gasto: 670

Polo que veño observando certas rúas que forman parte do barrio da Agra do Orzán (Andrés Gaos, Francisco Añón, Agra da Bragua, zona praza do Comercio) se encontran en un estado de abandono que debería ser correxido polo concello impulsando unha renovación da zona e actividades para reactivala. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Proponse a urbanización da rúa Andres Gaos entre a Avenida da Gramela e a rúa San Leopoldo coa demolición completa da rúa para a execución dunha nova sección de beirarrúas de 2,9 metros de ancho e liñas de aparcadoiro en ambas as marxes e un carril de sentido único en dirección Avenida Finisterre. A sección actual da rúa actual posúe beirarrúas de 1,90-2 metros de ancho en ambas as marxes, e dúas liñas de aparcadoiro cunha calzada de dous carrís nun só sentido. Ao ser a vía dun só sentido, é frecuente a dobre fila quedando inutilizado un dos carrís de circulación. A rúa posúe baixos comerciais de pequeno tamaño moi frecuentados polo barrio, facéndose insuficiente as beirarrúas existentes. A nova sección proposta pretende dotar á rúa dunha sección continua de beirarrúa, dun mínimo de 2,90m de beirarrúa por ambas as marxes, dúas liñas de aparcadoiro de 2.20m de ancho e unha vía dun único carril de circulación de 3,5m de ancho. Coa humanización e co fin de suavizar o carácter urbano da vía instalaranse alcorques protexidos pola beirarrúa nas liñas de aparcadoiro en cordón de nova creación. A dotación de árbores plantadas será nunca inferior a 1 árbore por cada 3 vehículos. As especies escollidas será un arboredo de lento e folla perenne. Na valoración contemplouse a demolición completa da calzada existente e execución de novas laxas de formigón cun espesor de 20 cm. A execución dun colector de pluviais en toda a rúa ata a avenida da Gramela. Execución de novas beirarrúas e bordos ao ancho proxectado. Reposición e actualización da rede de RSU da zona. Sinalización e novos pasos peonís. A valoración da actuación completa é de 239.000€ IVE incluído". Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.