Na Coruña Contas

Volver

Espazo Escénico participativo na Casa Forte do Parque de Eirís

Asociación Cultural Tres por Cuatro Asociación Cultural Tres por Cuatro  •  21/05/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 669

Investimento en material de audio, son, iluminación e escenario para presentación de propostas escénico-musicais, o aire libre (Dende Maio ata Outubro) na entorna da Casa Forte do Parque de Eirís.

Realización de obradoiros, concertos, teatro, cine, maxia, audiovisuais e todo tipo de presentacións artísticas.

Aberto a todas as idades e tódolos públicos, para un mellor coñecemento da cidadanía da entorna do parque da Lamadosa, no Barrio de Eirís, con actividades culturais e formativas, lúdicas e medioambientais.

 

Localización: https://www.google.es/maps/place/Parque+de+Eir%C3%ADs/@43.3455389,-8.3955688,48a,35y,71.82h,77.18t/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0x0:0xa70e0b083e21124b!8m2!3d43.3455454!4d-8.3938214

Proposta en nome de: Asociación Cultural Tres por Cuatro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos