Na Coruña Contas

Volver

Elviña a pé e en bicleta

Rexumeir@s Rexumeir@s  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 664

Desde o lugar de Elviña, saen diversos camiños tradicionais que unen con outros lugares da parroquia e con outras partes do territorio. Moitos deles se conservan permitindo conexións seguras a pé ou en bicicleta; outros xa presentan riscos por culpa do tráfico.

A idea é recuperar estes camiños, sinalizándoos e actuando naqueles que presentan riscos e recuperando aqueles que presentan valores culturais, como por exemplo o que unía Castro con Feáns, hoxe en proceso de degradación.

Proponse unha rede de camiños peonís e ciclables na parroquia de San Vicenzo de Elviña, tanto que permitan a conexión entre lugares (Elviña, Matogrande, Palavea, Mesoiro, Vío, Feáns, etc) como un uso de lecer para esa rede de camiños.

Localización: Elviña. Castro de Elviña, Palavea. Penarredonda. Mesoiro. Feáns. Vío

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Co importe máximo de 250.000€ para propostas xenéricas, poderiamos restaurar 2,5 km de camiños,. Apoiándome no inventario de camiños municipal, poderiamos restaurar algúns dos camiños a un custo aproximado de 100€/metro lineal." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos