Código proposta de investimento: 662
Deste espazo de 7.370m2 (4 niveis cun desnivel de 10m), apenas se fai uso diario do 10-15% pola mor da desorganización dos usos-servizos, e a localización dos xogos infantís-xuvenís en zonas sombrías.
Hoxe é una zona de paso, e por elo propoñemos reorganizar e dinamizar este parque con medidas económicas e sinxelas, converténdoo nun punto de encontro interxeracional para veciños e cidadáns que fan uso dos equipamentos da zona. Convivencia, xogo, cidade e natureza son posibles cada día e para todas as idades:
1. Agrupar as zonas de xogos, co traslado dos xogos infantís e xuvenís da parte superior (máis sombría) á zona aberta accesible e ben soleada.
2. Engadir máquinas de exercicios saudables para maiores.
3. Renovar mobiliario, mesas, bancos e papeleiras na zona de abrigo, a carón da pista de skate.
4. Retirar árbores de folla perenne que impiden a boa visibilidade e o bo soleamento.
Localización: Praza Salvador de Madariaga. Zona Ventorrillo-Agra de Orzán
A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "A Praza de Salvador de Madariaga conta con unhas dimensións que permiten formar áreas de recreo e de lecer para todos os usuarios. A creación dun parque infantil de 500 m2, similar ó existente nunha zona onde a orientación da praza e a localización dos edificios permitan gozar de máis horas de sol e a renovación do pavimento na zona do parque actual supoñería un orzamento de 245.000 €. Engadirlle á praza un parque biosaludable para os maiores, con 10 máquinas para facer diferentes exercicios e ocupando unha superficie de 100 m2 suporía unha inversión de 17.000 €." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.
Despois de dar o meu apoio tamen aportaria a idea de podar os arboles platano que se deixaron crecer demasiado e poden ser un peligro. Adiante ca proposta.
Grazas #jmino polo comentario, e polo apoio!!!... cantos máis apoios mási posibilidades para avanzar nas fases deste #orzamentosparticipativos ata a votación final de Setembro.. Grazas de novo!
Totalmente de acordo con esta proposta. Ademais da súa viabilidade, paréceme unha proposta que vai afectar de maneira moi positiva aos diversos grupos de veciños,isto é, nenos, xóvenes, adultos e maiores. Contade co meu apoio.
Moitas grazas polo apoio!...
Grazas #jmino polo comentario, e polo apoio!!!... cantos máis apoios mási posibilidades para avanzar nas fases deste #orzamentosparticipativos ata a votación final de Setembro.. Grazas de novo!
Moitas grazas polo teu apoio e comentario. Como comentas esa é a intención, cansamos de ver a praza valeira e descoñecida ano tras ano, pensamos que como parque para todas as idades, xogos para todos, novo mobiliario e máis visibilidade pode ser un lugar para desfrutar tanto para a veciñanza coma para a persoas que acuden a diario o Ágora, a piscina, o ximnasio, o pabellón...