Na Coruña Contas

Volver

Rehubicacion dos Contenedores de Recollida de Lixos

franciscoramirezfaustero franciscoramirezfaustero  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 638

Entre as demandas máis solicitadas polos veciños, está a falta de aparcadoiro na contorna máis próxima á súa vivenda. A recolocación dos colectores de lixo colindando cos vaos en todos os garaxes onde sexa viable, proporcionaría un importante número de aparcadoiros na cidade, contribuíndo a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Esta proposta  débese considerar tendo en conta que para o 2018 está previsto o cambio de contrato coa concesionaria actual e considerando  o posible cambio de colectores, polo que o custo da súa recolocación  a carón dos vaos sempre que sexa viable non supoñería un custo a maiores.

Localización: Cidade de A Coruña

Proposta en nome de: A.VV. Monelos-Fonte das Paxariñas

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable porque a reubicación dos colectores non supón un gasto de investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos