Na Coruña Contas

Volver

Pintar con murais a ponte da Avda. Fisterra con Ronda de Nelle.

anilorrak anilorrak  •  20/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 630

A parte inferior da ponte de Avda. Fisterra coa Ronda de Nelle é dende hai moitos anos un lugar oscuro, inseguro, moi sucio, con malos olores (mexadoiro e cagadoiro de persoas e animais) e saturado de coches aparcados que dificultan o tránsito das persoas. Propoñemos unha limpeza a fondo, colocar papeleiras, mellorar a iluminación e despexar o espazo. Pensamos que se poderían realizar murais por parte de pintores locais, o que melloraría artísticamente esta zona tan deteriorada, do mesmo xeito que se ten feito noutras zonas da cidade como na Ponte de Alfonso Molina.

Localización: https://goo.gl/maps/zRUd8c2aANn

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois a limpeza e a pintura de murais non entran dentro de gastos de investimento, senón que son gastos correntes. De todos os xeitos, todas as propostas presentadas son enviadas aos distintos servizos do Concello para que as tomen en consideración.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos