Na Coruña Contas

Volver

Instalación dunha pasarela elevada para os peóns á altura do Ist. Fernando Wirtz

luivar59 luivar59  •  20/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 619

Ante a retirada da pasarela elevada ubicada entre o Instituto Fernando Wirtz e os Novo Xulgados, solicitamos a instalación doutra pasarela no mismo lugar, por ente dermos que nesta zona hai un grande tránsito de xente qu precisa de cruzar a Avenida de Alfonso Molina con seguridade.

Proposta en nome de: Federación de AA. VV. de A Coruña e Área Metropolitana

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • fernando-pi

    O das "pasarelas elevadas" é unha trapallada; están pensadas para o uso do automobil pero dificultan o tránsito de peóns, moitas persoas con mobilidade reducida non poden acceder a eses pasos de peóns. Na miña opinión, os pasos de peón deben situarse o nivel da rúa, poñendo dificultades aos vehículos e non as persoas. Neste caso (penso que iso xa está en proxecto) mellor un paso de persoas , con semáforo, pola mesma avenida.

    Sen respostas
  • Sol

    A avenida ten que pasar a ser unha verdadeira avenida para os peóns, polo que considero un acerto a retirada da pasarela que habia e por suposto non poñer unha nova para facilitar a grande velocidade que collen os coches nesta avenida. Non podo apoiar unha proposta que perxudica aos peóns.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos