Na Coruña Contas

Volver

XARDÍN VERTICAL CANTEIRA DE DURMIDEIRAS

lrf lrf  •  20/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 606

De maneira natural, nas ladeiras da antiga canteira de durmideiras foise creando un xardín cunha grande biodiversidade.

Hai uns anos produciuse un desprendemento do terreo na zona, que conlevou que fose necesario realizar traballos de consolidación e sostemento do terreo.

Ao non levar aparellado estes traballos un tratamento medioambiental axeitado, estase a producir a proliferación neste entorno de especies invasoras, coma a cortaderia (herba da pampa)

Proponse mediante esta actuación a plantación de especies autóctonas a modo de xardín vertical que servan para manter e ampliar este espazo natural.

Localización: DURMIDEIRAS

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta permitiría a eliminación de exemplares de especies invasoras, principalmente Cortaderia Sellowiana e Carpobrotus Edullis, así como a creación dun xardín vertical. Non obstante, tras a avaliación técnica realizada, enténdese que a proposta non é viable debido a que a eliminación de vexetación podería dotar de inestabilidade á zona. Así mesmo, a zona ten problemas de accesibilidade para o desenvolvemento dos traballos e, polas súas características (é unha canteira de roca), ofrece poucas posibilidades para o desenvolvemento dun xardín vertical. Esta actuación precisaría un proxecto de enxeñería previo". Agradecemos a túa participación nos orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos