Na Coruña Contas

Volver

Pérgola cuberta para familias no Parque de Marte

Usuario/a borrado/a  •  26/04/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 6

No inverno as familias non temos espazos de lecer para estar ao aire libre. O parque de Marte é un espazo ideal para poder albergar unha pérgola cuberta, nalgún espazo do Parque. Esta pérgola podería estar rodeada de árbores, arbustos, madeira  etc. que funcione como elemtno de xogo á vez que protexe do vento e da choiva. Baixo a cuberta estaría ben contar con mesas e bancos que permitan a relación entre as persoas, comer, merendar ou xogar. 

Localización: Parque de Marte

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • mangel

    Me parece una idea estupenda y diria mas, q debido a la climatologia d nuestra ciudad seria muy interesante q la plaza d España q tiene muchisima afliuencia d gente tuviera una pergola pues mucha gente mayor podria salir los dias d lluvia y resguardecerse, es mas seria muy bueno para la ciudadania que mas plazas de la ciudad dispusieran d pergolas para q los ciudadanos sobre todo las personas mayores las usaran

    Sen respostas
Non hai fitos definidos