Na Coruña Contas

Volver

Barrio das Flores: Instalación rampas de accesibilidade nas vivendas de INDUCOSA

carocampos carocampos  •  19/05/2017  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 582

Quero dar voz aos milleiros de persoas maiores illadas nas suas casas e non son quen de participar neste proceso ó non poder sair das suas casas e non manexar as TIC.

Hai anos no barrio das flores fixeronse melloras na accesibilidade, foron intervencións sen continuidade e perpetuouse a dificultade para sair da casa e moitas persoas tiveron que mudar a unha residencia para sair ó aire.

Os veciños están a instalar ascensores nas vivendas e demandan o apoio do concello na mellora da accesibilidade entre rúas, prazas e viviendas para o millor aproveitamento dos espazos común privilexiados con que conta o barrio.

Non hai rampas nas rúas Rosas, Margaridas, Hortensias, nas rúas Lirios e Camelias non se fixo a comunicación do pasillo comercial e das vivendas coa Rúa Lirios pola que acceden os vehículos e os servizos.

Propoñemos un plan plurianual que mude en poucos anos esta situación de illamento.

Localización: Barrio das Flores (Rúas Camelias, Lirios, Rosas, Margaridas, Hortensias e Azucenas)

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é inviable por superar o importe de 1.000.000 euros. Non obstante, se lle informa que o concello ten posto en marcha diversos proxectos de mellora da accesibilidade nas rúas e nos espazos públicos da cidade. Xa se executaron obras nos Distritos 1 a 4, e tamén algunas actuacións concretas neste Distrito 7 tal e como explica na súa proposta. Poderá estudarse polo Servizo de Infraestruturas a redación dun proxecto concreto de mellora da accesibilidade neste barrio das Flores. Segundo visita realizada polos técnicos municipais do Servizo de Rehabilitación, poderían levarse a cabo diversas actuacións concretas adaptando os accesos peonís á normativa vixente, dando resposta aos problemas concretos indicados na proposta e tamén a outros similares noutros bloques. Ademáis da accesibilidade, tamén sería desexable facer intervencións de mellora dos pavimentos dos espazos públicos. A concellería de Rexeneración Urbana tén previsto realizar un estudo previo para valorar a posibilidade de declarar o ámbito do barrio das Flores como área de rexeneración e renovación urbana ou similar, que supoña a realización de actuacións de rehabilitación nas edificacións privadas e melloras na súa accesibilidade, e urbanización de espazos públicos, con acceso a subvencións e axudas públicas pola veciñanza." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos