Na Coruña Contas

Volver

Mellorar a calidade da auga de baño da praia de Oza

RB RB  •  19/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 576

A praia de Oza é a praia da Coruña con peor calidade de auga para o baño. A Xunta de Galicia clasifica de excelente todas as augas de baño das praias coruñesas excepto a da praia de Oza e leva así tres anos consecutivos. Esta proposta consiste en que o Concello tome as medidas necesarias para mellorar a calidade das súas augas.Posiblemente o varadeiro que está ao seu carón teña que ver con que a calidade non sexa tan boa.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Esta proposta xa está en proceso de desenvolvemento por parte do Servizo de Medio Ambiente do Concello. Desenvólvese accións de mellora da calidade das augas desde fai dous anos. O Concello da Coruña ven desenvolvendo traballos e obras para a detección e erradicación das verteduras de augas residuais, en particular nas inmediacións da praia de Oza. Os resultados das analíticas que realiza a Consellería de Sanidade evidencia unha notable melloría da calidade das augas de baño nesta praia nas derradeiras dúas tempadas de baño (2015,2016). Estas actuacións permitiron que o 6 de abril de 2017 o Concello solicitara a revisión da cualificación das augas de baño da praia de Oza Lazareto (A Coruña), para intentar conseguir a cualificación de "excelente". A proposta fundaméntase no artigo 4.4b da Directiva 2006/7/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de febreiro de 2006, relativa á xestión da calidade das augas de baño, que dispón que no caso de terse producido cambios que poidan afectar á clasificación das augas de baño, "a avaliación efectuarase sobre a base dunha serie de datos que consistirá unicamente nos resultados correspondentes ás mostras recollidas dende que se produciron os citados cambios". Agradecemos a túa participación nos orzamentos participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • cone

    De acordó, moi boa parte da culpa tena ese varadoiro, de feito nalgunha ocasión tivo que intervir a Policia Municipal, sacando á xente da auga polo picazón, alerxias e demais.
    Mais hai un problema engadido que non sabemos até que punto se está a controlar, debaixo da chamada Marina Seca, está agochada a balsa de lodos contaminantes que trouxeron dos Peiraos, toneladas de material nesa balsa sen saber se filtra á zona de baño, ou dito doutro xeito, non sabemos se toda a culpa tena o varadoiro, a Autoridade Portuaria non se manifesta, por certo, foi esta a que nos birlou a Praia de Lazareto (pública e nosa) e substituíuna pola de Oza (que non existía coma tal)...

Non hai fitos definidos