A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Ampliar a Escola Municipal de Música

slamelov slamelov  •  19/05/2017  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 573

A Escola Municipal de Música está situada na parte traseira do colexio Curros e comparten patio. O colexio ten un espazo limitado para o comedor, porque ese espazo o precisan para os laboratorios exteriores da  Escola de Música. Xusto na esquina da Rúa Torre coa Avda. de Hércules, hai un espazo que ten unha figueira (por suposto habería que salvala) que podería utilizarse para ampliar a Escola de Música. Sería cuestión de usar ese chaflán para unir os dous edificios.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.