Na Coruña Contas

Volver

Mellora instalacións de lecer e deportivas | Praza Indalecio Prieto

Nonquero Nonquero  •  19/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 571

A praza de Indalecio Prieto é un espazo de encontro para moitos nenos, nenas e xente nova do barrio, cunha gran praza aberta, que rodea o edificio de Urbanismo. Malia iso, as instalacións de lecer e deportivas son moi limitadas: un pequeno parque para a cativada máis pequena e unha canastra de basquet, que a xente do barrio usamos de xeito moi intensivo.

A proposta sería ampliar estas instalacións con:

- Dúas novas canastras de básquet

- Dúas mesas de tenis (ping-pong)

- Unha rede fixa de badmington - voleyball

- Un parque infanfil para nenos e nenas máis maiores

- Bancos e mesiñas (gravadas para xogar ao xadrez, como as do Campo de Marte)

Esta proposta convertiría a praza nun espazo moito máis amable e cunha pequena inversión, melloraríase moito a interrelación da veciñanza coa contorna.

 

 

Localización: Praza de Indalecio Prieto

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos