Na Coruña Contas

Volver

Camión de recollida de lixo adaptado A Silva

beatrizgomez beatrizgomez  •  18/05/2017  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 530

Ante as dificultades de acceso do camion que presta o servizo de recollida, demandase un camion mais pequeno que asegure a recollida diaria e a diferentes puntos do Lugar da Silva. Ao tempo é necesario facer un seguimento da limpeza de contedores de lixo, baleirado de papeleras e limpeza de rúas.

 

 

 

Localización: A Silva e Cances

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Actualmente no servizo actual de recollida de residuos contratado polo Concello non se prevé a recollida a través dos medios indicados. Non obstante, neste momento se está a definir as características do novo servizo de recollida de residuos, que xa prevé a utilización de camións pequenos para a recollida nocturna en determinadas zonas." Agradecemos a túa participación nos orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • beatrizgomez
    beatrizgomez  •  Autor  •  06/06/2017 18:16:40

    No rural da Coruña , nos lugares de Cances e Silva, consérvase a estrutura urbá primitiva; onde as estradas de hoxe son os carreiros asfaltados, ou , mágoa, cheos de maleza. Precisamos limpeza por parte do concello,diaria, amáis de concenciación dos veciños e veciñas da riqueza que supón desfrutar do bó de vivir na cidade, na que pagamos impostos, e estar arrodeados de natureza, moitas veces descoidada

    Sen respostas
Non hai fitos definidos