Na Coruña Contas

Volver

Levar a cabo un Plan de aforro enerxético

RB RB  •  18/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 512

De similares características ao levado a cabo no Ayuntamiento de Madrid, pódese ver na seguinte ligazón:

http://www.publico.es/politica/ayuntamiento-madrid-ahorra-23-millones.html

Sería unha inversión, pero que co paso do tempo conlevaría un aforro no recibo da luz.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "En sesión de data 6 de febreiro de 2016, a Xunta de Goberno Local aprobou a Estratexia enerxética 2012-2016, horizonte 2020. Esta estratexia define, de xeito concreto, as actuacións a executar para o cumprimento dos obxectivos fixados, ademais de implantar unha metodoloxía de actualización e avaliación contínua, definindo unha serie de indicadores de seguemento para medir a consecución dos obxectivos propostos. Estas actuacións, encamiñadas á modernización das instalaciones, mellora da eficiencia enerxética, redución de consumos e optimización da facturación, céntranse nas instalacións municipais que demandan enerxía: iluminación pública, edificios, semáforos, bombeos, etc. Trátase, pois, dunha batería de medidas concretas para diferentes instalacións, priorizadas no tempo, con estimación de aforros enerxéticos en consumo e facturación, avaliación e planificación do investimento necesario e cálculo de retornos de investimento, polo tanto se trata dun plan que xa se está a executar." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos