A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Restricción de uso ao redor das escolas

anxo_gz anxo_gz  •  18/05/2017  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 510

Se están a crear camiños seguros para que os cativos vaian a escola a pé, pero penso que esa iniciativa por moi boa que pareza, non vai ter ningún resultado positivo, o que sería efectivo, ainda que seguro polémico, sería a restricción de vehículos ao redor das escolas, todos sabemos que tanto na hora de entrada e saída das escolas formánse enormes atoamentos de vehículos de pais que van deixar ou recoller aos seus fillos a porta da escola, se queremos que estos atoamentos non se produzan, e que os rapaces vaian andando ás escolas, o que se debería facer é restrinxir a presenza de vehículos ao redor das escolas. Unha medida polémica e non popular, pero penso máis efectiva, que outras iniciativas, e evitaría esas aglomeracións de vehículos ao redor das escolas.

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a túa achega pero temos que etiquetala como inviable pois a restrición de tráfico non supón un gasto de investimento, polo tanto non pode levarse a cabo a través deste programa de Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.