Na Coruña Contas

Volver

CONSIGNAS NOS MERCADOS MUNICIPAIS

abarran abarran  •  17/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 481

Os Mercados Municipais son edificios públicos que carecen de servicios adaptados aos tempos que corren hoxe en día. A proposta que vos traemos a Asociación das Asociacións de Mercados Municipais Coruñeses é poñer CONSIGNAS adaptadas (refrixeradas e zona seca) nos Mercados Municipais.

 

 

Unha das fórmulas que pódese implantar é a de un sistema con código en consignas tipo taquilla armario con zona seca e zona refrixerada. O cliente pídelle ao seu praceiro ou praceira e esta llo deixa no armario consigna e envíalle ao cliente o código co que pode recoller a súa compra. Incluso co mesmo código o cliente pode abrir a porta do local onde estén gardadas as consignas. Con este sistema de CONSIGNAS ADAPTADAS o que tentamos e darlle os veciños e veciñas da cidade un maior servicio e facilidades na compra dos nosos productos que reflexan O Valor do Noso, por calidade e proximidade.

 

 

Localización: Mercados Municipais Coruñeses

Proposta en nome de: Asociación de Asociacións dos Mercados Municipais Coruñeses (ASMERCO)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos