Na Coruña Contas

Volver

Ampliación de beirarrúas en avenida das Conchiñas

antolinp antolinp  •  16/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 474

Propoño a ampliación das beirarrúas na avenida das Conchiñas no treito comprendio entre a rúa Gramela e a praza do Comercio. As beirarrúas nestre treito son moi estreitas e apenas collen duas persoas á par. E unha rua moi transitada porque moita xente do Agra do Orzan utiliza esta rúa para baixar hacia a Ronda de Nelle e Paseo das Pontes. E unha rúa dun só sentido de circulación e abundan os coches en doble fila. Coido que ampliando as beirarruas e reducindo a calzada habería sitio dabondo para un sentido de circulación e tamén para que poidan estacionar os vehículos en ambalas duas marxes ou no pior dos casos nunha soa. Tamen estaría ben intentar poñer unhas árbores na intersección da rúa coa Gramela e coa praza do Comercio. E un treito de menos de 90 metros de longo e creo que non suporía un desembolso excesivo.

Localización: Avenida das Conchiñas, treito comprendido entre a Rúa Gramela e a Praza do Comercio

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "A Avenida das Conchiñas desde a Avenida da Gramela ata a Praza do Comercio é unha vía de único sentido con dúas liñas de aparcadoiro en ambas as marxes e unha calzada para vehículos cun ancho superior aos 5 metros. A sección completa da rúa componse de dúas beirarrúas de 1.60 metros de ancho, dúas zonas de aparcadoiro en cordón de 2.30 metros de ancho e unha calzada de sentido único de 5,10 metros de ancho, sendo a distancia total entre fachadas de 12.9 metros. Proponse reurbanizar unicamente as beirarrúas, conservando o pavimento actual, dado o aceptable estado no que se atopa, só realizando unha reposición da laxa completa no final da rúa coa intersección coa Praza do Comercio. A nova sección seria de dúas beirarrúas de 2.5 metros de ancho, dúas liñas de aparcadoiro de 2.20metros de ancho e un carril de circulación de 3.5metros de ancho. Coa humanización e co fin de suavizar o carácter urbano da vía instalaranse alcorques protexidos pola beirarrúa nas liñas de aparcadoiro en cordón de nova creación. A dotación de árbores plantadas será nunca inferior a 1 árbore por cada 3 vehículos. As especies escollidas será un arboredo de lento e folla perenne. Na valoración contemplouse a demolición parcial da calzada existente para executar a nova beirarrúa, recolocando a liña de sumidoiros e acometidas de pluviais das vivendas. A valoración da actuación de ampliación de beirarrúas e renovación de servizos de pluviais e instalacións municipais é de 190.960,00€ IVE incluído." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos